Xosé Rodríguez Ramos


          Nace en Araño (Rianxo- A Coruña). Os sete anos de idade comeza os seus estudos musicais en Evian-Les-Bains (Francia), facendo seu debut na banda municipal de esta localidade tres anos mais tarde. De regreso a España prosegue os seus estudos de trompeta e inicia os de piano no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Durante esta etapa pasa a formar parte da Banda Xuvenil de Taragoña. Mais tarde trasladase a Santiago, onde segue estudando trompeta co mestre Maximino Boga no conservatorio de esta cidade.

          Dende o ano 1988 ocorren unha serie de circunstancias que marcarán o seu futuro profesional. En primeiro lugar, pasa a formar parte da Banda Municipal de Santiago, agrupación na que presta os seus servizos durante tres anos. Nesta época asiste a varios cursos co mestre José María Ortí Soriano, mestre do Conservatorio Superior de Música de Madrid e trompeta solista da Orquesta Nacional de España. A partir de aquí, compaxina as clases que este mestre imparte na Academia Santa Cecilia de Madrid cos estudos oficiais no Conservatorio de Santiago, donde obtén o título de Mestre Superior de Trompeta.

          No 1990 ingresa por oposición na Banda Municipal de A Coruña. Nesta nova etapa, imparte cursos en diversas localidades da xeografía galega, e tamén colabora con diversas agrupacións da Comunidad Galega como poden ser: Grupo de Metais Santa Cecilia de Ferrol, Grupo de Metais de Santiago, Coruña Brass, Grupo de Metais de Galicia, Banda Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia y a Orquesta de Cámara de A Coruña, coa que actuó como solista.

          Foi director da Banda de Música de Vilalba e mestre titular do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, ademais de colaborar con distintos conservatorios e escolas de música.

          Asimesmo, continúa perfeccionándose no seu instrumento con mestres do nivel de Vicente Martínez, Juan Carlos Alandete, e Benjamín Moreno e segue regularmente os cursos que imparte José Ortí.

          Na actualidade é profesor de trompeta do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña y director da Banda Artística de Merza.


 
 
 
Galego | Castellano | English