JOSÉ LUIS QUINTÁS CARREIRA
 

 

José Luis Quintás Carreira naceu en Palas de Rei (Lugo), no ano 1969. É na banda de música desta localidade onde comezou os seus estudios de bombardino, ao tempo que asistía a clases de piano e solfexo con Manuel Núñez Díaz.

Realizou os estudios superiores de piano e composición musical no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, formándose ademáis en dirección e instrumentación para banda de música con Marcel Van Bree, director da Banda de Música Municipal de A Coruña na actualidade.

Durante varios anos acude a Valencia para especializarse en dirección musical con Henrie Adams, director da Banda Sinfónica La Artística de Buñol (Valencia), e para asistir a clases coa compositora valenciana Ángeles López Artiga, catedrática de acompañamento do Conservatorio Superior Joaquín Rodrigo de Valencia. Continúa a súa formación asistindo a cursos de dirección e clases maxistrais con directores de recoñecemento internacional como Enrique García Asensio (España), Gabriel Chmura (Israel) e Philiphe Entremont (Francia), entre outros.

No ámbito bandístico é membro fundador da Banda Sinfónica de Galicia e actuou como invitado con numerosas bandas de música da Comunidade Galega. No ano 1993 empeza a traballar como director da Banda de Música Municipal de Agolada (Pontevedra) e da súa escola de música, posto que exerce ata outubro de 2005. Con esta agrupación gaña o 1º premio da Terceira Sección no I Certame de Bandas de Música Populares da Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2001, acadando ademáis un 1º premio no ano 2002 e un 2º premio no ano 2004, na categoría de bandas de música de ata 70 compoñentes.

No ano 2005 ingresa por oposición no corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas na especialidade de fundamentos de composición. Na actualidade compaxina a súa labor docente no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela coa de director da Banda Artística de Merza.

 

 
Galego | Castellano | English