|
Fundada
no ano 1828, a Banda Artística de Merza é a agrupación popular máis antiga de
Galicia. O primeiro director do que se ten constancia foi Anselmo
González ó que sucedería o seu neto Roxelio Otero. Baixo a batuta
deste director, no ano 1930, a banda dividiuse en dúas
agrupacións, orixinando así a Banda Vella dirixada polo
citado mestre e por Mariano Rodríguez; e a Banda Nova
dirixida por Ramón Sueiro e Manuel Blanco. O 13 de xullo de 1939 e
coa dirección de Xesús Cao González vólvense a xuntar ámbalas
dúas formacións.
Ó longo da
súa dilatada traxectoria foron moitos os directores que pasaron
pola Artística, entre os máis destacados figuran: Xosé
Fiuza, Francisco Beristain, Enrique González, Rafael Aladrén,
Feliciano Cagide, Francisco Ortega, Enrique García Rey, Antonio
Castro, Amadeo Valero (subdirector da Banda del
Generalísimo), Antonio Amigo, Alejandro del Río, Miguel de
Santiago, Vicente Paniagua, Xurxo Guzmán, Serge Fortin, José
Rodríguez Ramos e José Luis Quintás Carreira,
actual director.
Do mesmo
xeito interveñen importantes directores convidados
coma José Casal, José Manuel Collazo, Xosé Carlos Seráns,
Marcel Van Bree, Ángel
Crespo ou Jan Cober.
A Banda Artística de Merza ten actuado
por toda a xeografía galega,
e tamén en Asturias, Valencia, Cantabria,
Cataluña, Portugal, Holanda e Italia, sen esquencer as xiras
realizadas por Venezuela nos anos 1982 e 1992, e por Arxentina no
ano 2000.
Participa
asiduamente en festivais e certámenes de recoñecido prestixio
coma son os de Vigo, Cangas, Santiago de
Compostela, Ourense,
Lalín, Vila de Cruces, Catoira, Castrelo, Gres, Ordes, Meaño,
Boqueixón, O Rosal, Valadares e Pontevedra en
Galicia, Altea e Valencia na Comunidade
Valenciana, Monçao e Trofa en Portugal, e
Kerkrade en Holanda, así coma
en gravacións para programas da Radio e Televisión de Galicia. En
1981 editou o seu primeiro disco titulado "Bandas Galegas", no ano 1998 o seu primeiro CD
"171 Anos de
Tradición Musical" e no ano 2003 o seu segundo CD
"Aniversario". Recentemente, en 2010, viron a
luz dous novos CD's: "A Música de Merza -
Solistas" e "Merza - Un Século de Certames".
Entre os premios acadados por esta banda, cabe destacar os seguintes:
-
Primeiro Premio no Certame de Bandas de Música de Santiago de Compostela no ano 1910.
-
Terceiro Premio no Certame de Cangas no ano 1985.
-
Terceiro Premio no Certame Celta celebrado en Vigo no ano 1986.
-
Terceiro Premio no Certame de bandas de Lalín no ano 1990.
-
Mención Honorífica no I Certame Galego de bandas de música populares, realizado pola Consellería de Cultura da Xunta
de Galicia e a Radiotelevisión Galega no ano 1995.
-
Segundo Premio na Sección Segunda do "Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia" no ano 2002.
-
Primeiro Premio e Mención de Honra na Sección Primeira do II Certame
Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2002.
-
Premio da Cultura do Concello de Vila de Cruces no ano 2003.
-
Primeiro Premio na Sección Primeira do III Certame
Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2003.
-
Primeiro Premio e Mención de Honra na Sección Especial do IV Certame
Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2004.
-
Primeiro Premio, Mención de Honra e Trofeo Vila D'Altea na Sección Primeira do
"XXXIII Certamen Internacional de Bandas de Música Vila D`Altea" no ano 2004.
-
Primeiro premio e Mención de Honra na Sección Especial do VI Certame
Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2006.
-
Primeiro Premio, Mención de Honra e Trofeo Vila D'Altea na Sección Primeira do
"XXXV Certamen Internacional de Bandas de Música Vila D`Altea" no ano 2006.
-
Primeiro Premio na Sección Especial do I
Certame Galego de Bandas de Música celebrado no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) no ano 2007.
-
Segundo Premio na Sección Especial do VIII Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2008.
-
Segundo Premio na Sección Primeira do "XXXVII Certamen Internacional de Bandas de Música Vila D´Altea" no ano 2008.
-
Primeiro Premio na Sección Especial do III
Certame Galego de Bandas de Música celebrado no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) no ano 2009.
A
finais dos anos 70 comeza a súa actividade a Escola de Música da Banda
Artística de Merza,
que nun principio contaba con dous mestres: Amadeo Valero e Ramón
Guzmán. Dende a escola
poténciase, ademáis do traballo individual, a asistencia a cursos,
a creación de grupos de cámara e a Banda Xuvenil
da Artística de Merza, como reflexo do traballo realizado por mestres
e alumnos.
Hoxe en día a
Banda Artística de Merza ten federados máis de 100 músicos, moitos
deles profesionais, e está considerada unha das mellores
e máis atractivas
bandas de música da Comunidade Autónoma Galega.
|