|
| |
| |
|
PRESENTACIÓN
|
|
|
"Cadra que a Banda Artística de Merza
(fundada en 1828) é a decana de todas as bandas
populares de Galicia. E cadra tamén que somos
veciños, do mesmo concello de Vila de Cruces e
da mesma comarca do Deza.
Cando eramos rapaces, todos reloucabamos
de alegría escoitando "as musicas", como
deciamos daquela, que amenizaban cada romaría. O
encanto das tocatas, os uniformes co emblema da
lira prateada, o relucir dos bronces, todo nos
atraía. Logo, de mociños, bailabamos nas festas
e o amor primeiro abrollaba entre valses,
mazurcas e pasodobres. Bailei moitas veces ó son
desta Banda.
Un dia collín o rumbo da emigración.
Levei comigo, como levabamos todos, a lembranza
das festas e da música. Volvín a estas terras
vintecatro anos despois e quixo o destino que a
primeira banda que escoitei fose a de Merza.
Emocionante reencontro. Era como se o tempo non
tivese pasado.
Merza é de por sí musical, pola natureza
e pola historia. Hai que coñecela e coñecer o
seu contorno para darse de conta. O murmurio do
Deza, que apousa na Carixa; a sonora fervenza do
Toxa; a evocación dos monxes bieitos que
animaban Carboeiro; o camiño da Brea onde
estalou o volframio; o espírito señorial que vén
dende a Idade Media; o ruxir do vento e o
garular dos paxaros na abondosa vexetación
montesía... A música resume todo isto."

(Mensaxe do escritor Xosé Neira Vilas na
presentación do primeiro CD: "171 Anos de
Tradición Musical")
|
|
|
BANDA ARTÍSTICA DE MERZA
Casa da Cultura s/n,
Merza
36580 Vila de Cruces, Pontevedra
Teléfonos de Contacto: 986 583 747 / 618 588
526 Correo electrónico:
artisticademerza@hotmail.com
|
|
|
|
|
|
|